Remata o ano e con el os doce meses que adicamos a festexar o noso 20 aniversario. Chegados a este momento, queremos darvos unha vez máis as GRAZAS. Así, en maiúsculas. Porque levamos vinte anos xuntos e agardamos que nos queden moitos máis.

Polo momento, nós comezamos este 2020 moi satisfeitos. De cada café servido. Dos ben quentiños. Dos mornos. Dos que o preferides sen lactosa ou dos que sodes máis ben de chocolate. Grazas ao día a día preto de ti, coñecemos moi ben as vosas preferencias. De cada xantar e de cada cea. De cada pedido para levar. Deses días nos que non tivemos un segundo libre.

GRAZAS POR TODO e FELIZ 2020!