Cada final de ano é momento de facer balance. De pór dun lado os éxitos e do outro as dificultades para sacar conclusións. Para seguir aprendendo e mellorando. Pero a fin do ano marca tamén o inicio dun novo. E neste caso, para nós o 2019 vai ser moi moi especial. Cumprimos 20 anos.

Cumprimos 20 anos coa satisfacción de contar coa túa compañía. Co teu apoio diario. Cun “bos días” que agarda e cun “boas noites” que nos despide ata a xornada seguinte. Por esta razón, o noso 2019 xirará, dende xaneiro a decembro, en torno a esta celebración. O que comezou coma un soño convértese, día tras día, nunha realidade.

Celebrarémolo xuntos. Con actividades especiais tódolos meses. E sobre todo con detalles cos nosos clientes. Porque sodes vós quen fai isto posible. Xa vos adiantamos que haberá múltiples novidades, como por exemplo unha nova carta que estamos desexando presentarvos.

Mentres isto chega, GRAZAS A TODOS E TODAS. Feliz ano!